In:
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Universidad Complutense de Madrid (UCM), Vol. 22 ( 2019-12-05), p. 73-91
Abstract:
Nas últimas décadas un sector da poboación entende que o masculino se considera termo non marcado da oposición xenérica por seren tradicionalmente os homes os que posuían o poder, e non sente que as diferentes identidades xenéricas estean representadas no masculino empregado como termo non marcado. Asistimos pois á loita para acadar a igualdade entre homes e mulleres tamén dende a lingua, por unha banda facendo visible o xénero feminino, e pola outra anulando a distinción xenérica como elemento clasificador dual. Entre as opcións que se propoñen para acadar estes fins destacan a duplicación dos termos (os alumnos e as alumnas, as alumnas e os alumnos), a escolla dun termo xenérico (o alumnado) e a introdución de grafías innovadoras: os/as alumnos/as, as/os alumnas/os, @s alumn@s, xs alumnxs e, a máis recente, es alumnes. Neste traballo, tras unha breve panorámica explicativa, describiremos o uso destas formas no galego escrito actual a través dos datos recollidos no Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), e proporemos abrir un debate lingüístico sobre o establecemento dun novo valor na categoría gramatical xénero e a súa posible inclusión nas gramáticas descritivas.
Type of Medium:
Online Resource
ISSN:
1988-3285
,
1138-9664
Language:
Unknown
Publisher:
Universidad Complutense de Madrid (UCM)
Publication Date:
2019
detail.hit.zdb_id:
2210102-0
SSG:
7,34
Permalink